domingo, 16 de junio de 2013

ENFERMIDADES

Son enfermidades infecciosas provocadas por bacterias, fungos ou virus, transmitidas por contacto sexual con algunha persoa enferma.  A mayoria destas enfermidades contaxiosas provocan efectos secundarios que afectan principalmente aos órganos sexuais (picores,irritaciones e ulceracións). Son causadas por organismos como bacteriase fungos , virus (sida e herpes xenital).
A SIDA. É de orixe vírica; ataca e afecta ao sistema inmunolóxico destruíndo os linfocitos (células encargadas, precisamente, de defendernos ante as infeccións). Penetra no organismo polo sangue, secrecións vaxinais, o seme e a placenta. Produce inmunodeficiencia, deixando as persoas indefensas fronte a calquera infección.

martes, 28 de mayo de 2013

O DESENVOLVEMENTO DO EMBARAZO

A xestación ou embarazo é o proceso que comenza coa fecundación e termina co parto.Nel prodúcense cambios moi significativos.O que comenzou sendo unha única célula, o cigoto convértese en embrión; despois en feto, e nove me, por último, nun ser humano completamente formado.
O preceso dura uns 280 dias o que son 40 semanas, dez meses lunares ou aproximadamente nove meses do calendario, que comenza a contarse desde o inicio da última menstruación.
Ao longo do embarazo a nai experimenta importantes cambios, debido ao desenvolvemento e crecemento do feto no seu interior, ao intercambio que mantén con el a través da placenta,e a que o seu corpo se vai preparando para o parto e a lactación.


PRIMEIRO TRIMESTRE:

Desenvolvemento fetal: Vanse formando a cabeza, o tronco e as extremidades.Tamén os órganos internos, os aparellos circulatorio, excretor e reprodutor.
Cambios maternos: A muller percibe o seu embarazo.
Non lle vén a regra no prazo previsto, pode sentir cambios fisiolóxicos, como náuseas, incremento do sentido do olfato, máis apetito do acostumado,etc

Segundo trimestre:
Desenvolvemento fetal: Madura o sistema nervioso.O feto responde a estímulo mediante movementos.Complétanse o aparello circulatorio e o excretor.A partir  do cuarto mespode recoñecerse o sexo.Ao final do segundo trimestre mide máis  de 30 cm e pasa arredor de 1 quilogramo.
Cambios maternos: O útero dilátase e comenza a aumentar o perímetro do ventre.
Aumenta o tamaño dos peitos.
A muller pode percibir os movementos do feto no seu interior.






Terceiro trimestre:
Desenvolvemento fetal: Madura todos os órganos.O feto aumenta de tamaño e peso, e desenvolve a graxa da derme. Móvese moito.Pasa algún tempo esperto e outro durmido.
Finalmente, xíranse e queda coa cabeza encaixada na pelve da nai. Ao final mide uns 50 centrímetros e pesa entre 2,5 e 4 quilogramos.
Cambios maternos: O ventre está moi avultado debido á gran dilatación do útero para albergar o feto.
O útero oprime algúns órganos internos, como a vexiga da urina ou o intestino, o que pode causar algunhas molestias.




OS CICLOS DO APARELLO FEMININO



As hormonas sexuais femininas son os estróxenos e a proxesterona.Os estróxenos prodúcense nos ovarios e son  os responsables do desenvolvemento e mantemento dos caracteres sexuais secundarios.
A produción de estróxenos  segue un ciclo duns 28 días de duración.Cando a súa cantidade  en sangue é máxima prodúcense a ovulación , é dicir , a rutura do folículo, coa saída do óvulo á trompa de falopio.


Estróxenos:Os estróxenos son hormonas sexuais do tipo feminino que maioritariamente se producen nos ovarios, son moi importantes durante o embarazo e permiten estimular o crecemento do útero para que poida adaptarse ao desenvolvemento do neno. O estróxeno induce á proliferación celular dalgúns órganos, por iso favorece o aumento do peito e da produción de leite materno, tamén contribúe ao aumento do fluxo sanguíneo, e como sabemos, o bebé recibe os nutrientes necesarios para o seu desenvolvemento a través do sangue.

Proxesterona:a proxesterona tamén exerce outro efecto, esta vez sobre as mamas facendo que estas tamén se engrosen preparándose así para unha suposta e futura lactación



A FECUNDACIÓN E O COMENZO DO EMBARAZO














A ovulación prodúcese uns catorce días antes da chegada da regra. O óvulo é liberado ao longo da trompa de Falopio, deica o útero e tarda unha semana en realizar este percorrido.
O óvulo só pode ser fecundado durante 24 horas desde a ovulación ,  mentres se encontra no primeiro terzo                                                                                                                                      
 da trompa de Falopio.
O coito ou acto sexual cconsiste na introdución do pene na vaxina. Ao  exacular ,os espermatozoides libéranse no interior da vaxina .
Ao contrario ca o óvulo, os espermatozoides son moi rápidos, ascenden pola vaxina, atravesan o colo do útero e chegan a ambas as trompas de Falopio nunhas poucas horas . Ademais poden permanecer vivos no interior do aparello reproductor feminino entre tres e cinco días polo que ,se realiza o acto sexual nos días previos á ovulación ,  a probabilidade de embarazo é moi  alta.
O material xenético do espermatozoide e o do óvulo fusiónanse e complétase o proceso da fecundación.
A célula resultante recibe o nome de cigoto ou célula ovo  

COMENZO DO EMBARAZO

















Ao formarse o cigoto prodúcense unha substancia que impide que o folículo de Graaf dexenere, polo que continúan producindo  proxesterona o que á súa vez mantén o endometrio intacto e funcional.
Ao non dexenerar o endometrio non se produce menstruación o que adoita ser o primeiro síntoma do embarazo.
O cigoto empeza a dividirse moi axiña, e forma dúas células idénticas que a súa vez continúan duplicando o seu número cada poucas horas.Durante os días que dura o percorrido deica o útero chegan a ser uns centos de células que forman unha esfera oca de pouco máis de medio centímetro de diámetro.
Cando esta masa esférica de células chegan ao útero prodúcese a aniñación; é dicir adhírese ao endometrio.A partir dese momento recibe o nome de embrión e desenvólvense tres importantes estruturas:

  1. A placenta: Órgano que se desenvolve no endometrio e que serve de conexión entre a nai eo embrión.
  2. O cordón umbilical: Conecta o embrión coa placenta  e está formado por un tubo por onde discorren tres vasos sanguineos: dúas arterias que levan as substancias de refugo do embrión á nai; á nai, e unha vea que leva nutrientes da nai ao embrión.
  3. A bolsa amniótica: É un saco cheo de líquido chamado líquido amniótico; no seu interior permanece o embrión






Endometrio:O endometrio é a capa mucosa que reviste internamente o útero, é unha capa moi vascularizada e a súa principal función é a de recibir e albergar o embrión






O PARTO E AS COMPLICACIONS

O embarazo finaliza co parto que é a saída do meniño xa formado ao exterior a través da vaxina.O parto consta de tres fases:

  1. Dilatación: O colo do útero comeza a dilatarse, aumentando o seu diámtro. Os músculos da vaxina reláxanse e dilátanse. A musculatura do útero comeza a contraerse ritmicamente. Rompe a bolsa amniótica e sae ao exterior o líquido amniótico que son entre tres e cinco litros dun líquido transparente. Isto coñécense como <<romper augas>>.
  2. Expulsión:O feto é empuxado ao exterior polas contraccións do útero é pola forza que exerce a nai empuxando co diafragma. Sae a través do colo do útero e da vaxina que están dilatados ao máximo. Esta fase dura normalmente entre quince e trinta minutos.
  3. Libramento: Entre cinco e quince minutos despois da expulsión, sae ao exterior a placenta, xunto cos restos  do endometrio.















As complicacions do parto
Normalmente, o parto transcorre ssen problemas, pero en ocasións poden presentarse complicacións que requiren a actuación do médico.
  1. Mala postura do meniño: Se o feto non ten a cabeza encaixada na pelve da nai, isto pode alongar moito a fase de expulsión. Adoitan utilizarse fórceps, que son unhas grandes pinzas que se introducen no útero para suxeitar o meniño e tirar del con coidado
  2. Insuficiante dilatación do colo do útero e da vaxina: Para evitar este problema adminístraselle á nai un soro coa hormona oxitocina, que é a que produce a dilatación e as  contraccións do útero.
  3. Pinzamento do cordón umbilical: Se o cordón umbilical está comprimido, córtase o fluxo de sangue entre a nai e o feto e este sofre unha falta de osíxeno que, sew se prolonga por máis  de cinco minutos , pode producirlle lesións cerebrais. Este pinzamento pode ocorrer, por exemplo se o cordón está enrolado arredor do feto.








viernes, 26 de abril de 2013

COMPONENTES DO SISTEMA REPRODUCTOR FEMININO






ÓRGANOS
:
Trompas de falopioás trompas uterina son condutos musculares que conectan os ovarios e o útero ou matriz. As súas  funcións están relacionadas coa ovulación, a fecundación o embarazo.
Corpo do útero:O útero é un órgano destinado a recibir o ovo fecundado e asegurar o desenvolvemento do embrión. A  O útero está situado entre a vexiga por diante e o recto por detrás medir uns 7 cm de longo, 4 de ancho e 3 de espesor. O útero está situado entre a vexiga por diante e o recto por detrás.
Vaxina: Conduto de paredes musculosas,que comunica o útero  co exterior.O seu externo inferior ábrese ao exterior mediante a abertura vaxinal.




Clitoris: Òrgano saínte que presenta moitas terminacións  nerviosas polo que ten  moita sensibilidade.Encöntrase no punto de unión dos labios menores pola zona anterior.
Labios Menores: Repregamentos de pel fina e sensible que queda cubertos polos labios maiores.
Labios Maiores:Repregamentos de pel, situados entre as coxas que cobren o resto dos xenitais externos
Uretra:  a uretra é un tubo que conecta a vexiga ao exterior do corpo.a uretra é o conduto para o seme durante as relacións sexuais. Tamén serve como unha pasaxe para os ouriños que flúan. En mulleres, a uretra é máis curta e emerxe por enriba da abertura vaxinal.
GAMETOS FEMININOS:ÓS ÓVULOS




Ao nacer una nena nos seus ovarios hai xa unhas 400000 células que no seu día comezarán a madurar unha a unha , transformándose en óvulos , aínda que só  chegarán a madurar uns 450 durante a súa vida fértil.
O óvulo é unha célula reprodutora ou gameto feminino.É unha célula moi grande, de arredor de 1mm de diámetro, que madura dentro do ovario.